Pasar al contenido principal

A Biblioteca Universitaria organiza obradoiros de autoarquivo para persoal docente e investigador

A Biblioteca Universitaria organiza, xunto ao Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA,) varios obradoiros de autoarquivo orientados ao Persoal Docente e Investigador e inscritos no marco do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID). O primeiro deles será este próximo venres cun notable éxito de convocatoria xa que completou a matrícula, se ben existen prazas dispoñibles nos seguintes.

Os obxectivos destes talleres son, por unha banda, proporcionar formación xeral sobre o acceso aberto e, por outra, obter unha formación axeitada para facer depósito de documentos en Minerva de xeito autónomo. A inscrición pode facerse na páxina do programación do PFID http://www.usc.es/gl/servizos/pfid.

Esta é unha actividade que se enmarca á súa vez no programa de actividades da Semana do Acceso Aberto, evento internacional ao que a USC se suma e que se desenvolverán do 24 ao 30 de outubro co lema ‘Deseñando bases equitativas para o coñecemento aberto’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.10.2018.