Pasar al contenido principal

A USC convértese en capital da investigación en lipodistrofias do 18 ao 19 de novembro

O CiMUS será unha das sedes deste foro. FOTO: Santi Alvite
O CiMUS será unha das sedes deste foro. FOTO: Santi Alvite
Medio milleiro de participantes daranse cita nun foro que se desenvolverá na Facultade de Medicina e Odontoloxía, así como no CiMUS
Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina e Odontoloxía xunto co Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) serán sede, os próximos 18 e 19 de novembro, dunha nova edición do Congreso Internacional de Lipodistrofias organizado pola Asociación Internacional de Familiares e Afectados (AELIP) e polo propio CiMUS da USC, a través da Unidade de Enfermidades Tiroideas e Metabólicas que coordina o profesor David Araújo.

Trátase dun encontro de carácter formativo que pretende ser tamén un foro de convivencia e intercambio de experiencias dirixido a estudantes, profesionais, afectados e familiares no que se presentarán en formato híbrido, en liña e presencial, con preto de 500 asistentes, os avances máis destacados para afrontar o desafío pouco común que supoñen as lipodistrofias. Farase da man dun importante número de persoas relatoras, moitas delas estranxeiras, e todas elas expertas no campo das lipodistrofias tanto na súa vertente clínica como de investigación básica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.11.2022.