Pasar al contenido principal

A economía circular, a análise nunhas xornadas

A economía circular, a análise nunhas xornadas
A economía circular, a análise nunhas xornadas

O Mestrado de Desenvolvemento Económico e Innovación da USC organiza a vindeira semana unas xornadas nas que diverso persoal experto afondarán nas implicacións da economía circular para o territorio e as cadeas de valor. O encontro, de entrada libre, terá lugar os próximos días 25 e 26 de outubro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

As xornadas internacionais ‘Economía circular, proximidade, territorio e cadeas de valor, que contan coa colaboración da Deputación da Coruña, estruturaranse en tres bloques, dedicados á economía circular en Europa, a súa implicación para o territorio e as cadeas globais de valor e cadeas curtas.

Nos diferentes relatorios intervirá persoal investigador do grupo ICEDE, o catedrático de Enxeñería Química e vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijoo, ademais de especialistas como René Santamaría, da Universidade da Rioja; Kersty Hobson, da Cardiff University; Blandine Laperche, da Université du Littoral-Côte-d'Opale; Carlos Tapia, de TECNALIA Research & Innovation, e Raquel Haro, da Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2018.