Pasar al contenido principal

Este venres abre o prazo da V edición do Concurso de Fotografía A Ciencia en Imaxe

Este venres abre o prazo da V edición do Concurso de Fotografía A Ciencia en Imaxe
Este venres abre o prazo da V edición do Concurso de Fotografía A Ciencia en Imaxe
Convocado por cinco facultades da USC e a Real Academia Galega de Ciencias

A V edición do Concurso de Fotografía A Ciencia en Imaxe, aberto a toda a comunidade universitaria, abre este venres 19 o prazo de presentación de traballos, que pechará o 9 de novembro. O certame está organizado polas Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da USC e pola Real Academia Galega de Ciencias con motivo da celebración da festividade de S. Alberte Magno.

O concurso está aberto a calquera persoa pertencente á comunidade universitaria da USC, que poderá enviar ata un máximo de tres fotografías dixitais, orixinais e inéditas, sobre calquera tema relacionado coas ciencias, a investigación e a divulgación científica.

O xurado estará composto por un membro de cada centro organizador da USC e da Real Academia e un experto en fotografía. Ademais, serán membros do xurado, con voz pero sen voto, a decana e secretaria do centro organizador da Festividade de San Alberte Magno, este ano Matemáticas.

A contía dos premios será de 300 euros para a fotografía gañadora e de 100 para as seleccionadas en segundo e terceiro lugar. Os seus autores e autoras deberán asistir ao acto de entrega do premio o día 16 de novembro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2018.