Pasar al contenido principal

Xornada na Facultade de Relacións Laborais sobre absentismo

A Facultade de Relacións Laborais organiza o venres 26, en colaboración con Mutua Universal e a Confederación de Empresarios de Galicia, unha xornada sobre absentismo laboral na que se analizará esta problemática e as súas causas e se debaterá acerca de novas formas de xestionalo.

A xornada, a desenvolver na propia facultade e para a que é precisa inscrición previa, diríxese a alumnado, persoal directivo de empresas, responsables de recursos humanos, asesores laborais e de servizos de prevención e saúde laboral.

O programa contempla relatorios sobre as causas e medidas preventivas do absentismo ou a avaliación forense da simulación na incapacidade temporal, e rematará cunha mesa redonda no que docentes da USC, representantes sindicais e do mundo empr4esarial estudarán ios restos na Xestión desta problemática.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2018.