Pasar al contenido principal

Filoloxía acolle o congreso internacional sobre teatro clásico grecolatino e a súa recepción

Numerosos expertos procedentes de universidades de España, Portugal, Francia, Italia, Arxentina, Brasil e México participan no Congreso Internacional sobre teatro clásico grecolatino e a súa recepción ‘ Clastea IV: clásico en escena de onte e hoxe’ que remata este sábado 27 na Facultade de Filoloxía. Na xornada inaugural interviñeron a coordinadora do comité organizador, Teresa Amado Rodríguez; o coordinador do grupo de investigación Estudos Clásicos e Medievais da USC e presidente da sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, José Carracedo Fraga; e a decana de Filoloxía, Mª José López Couso.

As diferentes sesións continuarán desenvolvéndose este venres e o sábado, incluíndo a presentación do libro de Andrés Pociña Tres obras teatrais: Medea en Camariñas, Unha tardiña en Mitilene, Antígona ante os xuíces e a representación desta última peza, Antígona ante os xuíces, que terán lugar este venres 27 a partir das 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2018.