Pasar al contenido principal

Marco V. García Quintela publica o primeiro estudo monográfico sobre o mito fundacional de Lugdunum

A análise do profesor García Quintela utiliza métodos funcionalistas, estruturais e comparativos. FOTO: Santi Alvite
A análise do profesor García Quintela utiliza métodos funcionalistas, estruturais e comparativos. FOTO: Santi Alvite
A obra ofrece unha explicación densa da relación entre unha cultura gala en declive e un romanismo triunfante
Santiago de Compostela

O decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Marco V. García Quintela, acaba de publicar a obra Le Mythe de fondation de Lugdunum, primeiro estudo monográfico sobre o mito fundacional de Lugdunum, nome co que se coñeceu a Colonia Copia Claudia Augusta Lugdunum (actualmente, Lyon), unha importante cidade romana da provincia da Galia.

A análise do profesor García Quintela utiliza métodos funcionalistas, estruturais e comparativos para ofrecer unha explicación densa da relación entre unha cultura gala en declive e un romanismo triunfante.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.12.2022.