Pasar al contenido principal

Comeza na USC o XIII Coloquio luso-español de profesores de Dereito Administrativo

O reitor da USC, Antonio López, inaugurará este venres 26 ás 9.30 horas na Facultade de Xeografía e Historia o XIII Coloquio luso-español de profesores de Dereito Administrativo, dedicado nesta ocasión aos instrumentos xurídico-administrativos de cooperación entre España e Portugal na xestión dos recursos naturais.

A sesión de apertura deste encontro internacional está dedicada á memoria do profesor Meilán Gil, que foi catedrático de Dereito Administrativo das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, a onde se trasladará a segunda sesión deste coloquio. Logo da inauguración terá lugar a primeira sesión sobre a ordenación do espazo marítimo e costeiro á que lle seguirán outras sobre a xestión compartida de recursos hídricos e de espazos naturais.

No acto inaugural, xunto co reitor intervirán tamén o catedrático emérito da Universidade de Valladolid e coordinador español dos Coloquios, José Luis Mártínez López-Muñiz; o catedrático emérito da Universidade Nova de Lisboa e presidente portugués destes encontros, Diogo Freitas; e os directores desta décimo terceira edición, Luís Míguez Macho e Francisco Javier Sana.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2018.