Pasar al contenido principal

Farmacia premiou o alumnado e entregou as insignias de ouro ao seu persoal xubilado no acto institucional da súa festividade

Foto de familia co persoal que recibiu a Insignia de Ouro. FOTO: Santi Alvite
Foto de familia co persoal que recibiu a Insignia de Ouro. FOTO: Santi Alvite
A decana Reyes Laguna Francia subliñou a importancia da resolución do concurso de ideas do futuro centro de Ciencias da Saúde “o que supón un chanzo máis no longo camiño para dispoñer da nova Facultade de Farmacia”
Santiago de Compostela

A Facultade de Farmacia celebrou este venres 16 a festividade da Inmaculada, patroa do centro, cun acto institucional presidido polo reitor da USC, Antonio López. Xunto a el interviñeron a decana, Reyes Laguna Francia; o secretario xeral técnico da Consellaría de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; a subdirectora xeral de Farmacia da Xunta de Galicia, Silvia Reboredo García; a secretaria da Facultade, Matilde Casas Parada; e a profesora María José Alonso, quen pronunciou a conferencia 'Da Farmacia Galénica á Nanotecnoloxía Farmacéutica'.

A decana quixo iniciar a súa intervención facendo referencia ao futuro centro de Ciencias da Saúde da USC. “A miña primeira mensaxe neste día de festa, como non pode ser doutro xeito, é precisamente para festexar a resolución do concurso de ideas a finais do pasado mes de novembro, o que supón un chanzo máis no longo camiño para dispoñer da nova Facultade de Farmacia”, afirmou a profesora Laguna para despois ter unhas verbas de agradecemento para as persoas que a precederon no cargo, Juan Torres Labandeira, Bebel Sández Macho, e Francisco Otero Espinar.

Recoñecementos

O acto incluíu a entrega da Insignia de ouro da Facultade ao persoal xubilado do pasado curso. María Enjo Rey, Ángel Joaquín Concheiro Nine, Leopoldo Óscar García Martín, María Asunción Lage Yusty, Manuel Lamela González, Santiago Rodríguez Segade Vilamarin, e María Lourdes Santana Penín foron as persoas distingudas.  Ademais, entregáronse os diplomas ás doutoras e doutores que completaron estudos no curso 2021-2022: Cristina Fernández Paz, Estefanía Fernández Paz, Lorena García del Río, Carlota García Santiago, Laura Gómez García, Jesús Martínez Sotelo, Victor Santos Rosales e María Vivero López.

A cerimonia acolleu tamén a entrega de galardóns do IX Concurso de Ideas para Portada de Traballos de Fin de Grao, patrocinados por Bancofar, que distinguiu as propostas de Samuel Rey Viña (1º premio),  Marta Gerpe González (accésit) e Emma Martín Casal (accésit).

Finalmente, entregáronse tamén os premios do VII Concurso de Subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde, que o Servizo de Normalización Linguística convoca para fomentar a existencia de contidos en galego no campo das ciencias da saúde. Lucía Campillo Rey, Sandra Mariño Cortegoso, Inés Rodríguez Chas e Daniel López Fernández foron as persoas autoras das propostas premiadas nesta edición.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2022.