Pasar al contenido principal

Nova edición do concurso de lemas contra a violencia de xénero

Nova edición do concurso de lemas contra a violencia de xénero
Nova edición do concurso de lemas contra a violencia de xénero

Un ano máis, e xa van cinco, a Oficina de Igualdade de Xénero da USC convoca o Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, dirixido ao alumnado da USC matriculado neste curso. O prazo de presentación de propostas remata o 12 de novembro.

Para participar, as persoas interesadas deberán o seu lema, orixinal e inédito, en galego e cunha extensión máxima de 140 caracteres. Entre os lemas presentados escolleranse ata un máximo de 6 gañadores, 3 por cada campus, que recibirán 100 euros de premio.

Esta actividade responde ao obxectivo específico 21 do II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2018.