O Servizo de Xestión Académica habilita un espazo web para solicitar cita de atención telemática durante o Nadal

O Servizo de Xestión Académica (SXA) da USC acaba de habilitar un espazo web para reservar cita e poder recibir atención telemática durante o período do Nadal. Ademais, o SXA desenvolverá atención presencial tanto en Lugo como en Compostela, os días 28 de decembro e 4 de xaneiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
As persoas usuarias que precisen solicitar cita a través do espazo web, só teñen que escoller o formulario correspondente e, unha vez dentro, seleccionar dentro da temática da consulta a un membro do persoal da USC dispoñible no calendario. A continuación, deben engadirse os datos requiridos, entre os que se atopa a descrición da consulta ou dúbida (campo obrigatorio). A reserva debe realizarse, polo menos, con 24 horas de antelación.