Pasar al contenido principal

Últimos días para participar no Programa de Bolsas Prácticas de Fundación ONCE - CRUE

O prazo para a presentación de candidaturas foi ampliado ata o 31 de decembro. Imaxe: Canva
O prazo para a presentación de candidaturas foi ampliado ata o 31 de decembro. Imaxe: Canva
O prazo para inscribirse nesta iniciativa cara a unha mellor empregabilidade do estudantado con discapacidade esténdese ata o 31 de decembro

A través do Programa de Bolsas-Prácticas Fundación ONCE-CRUE, a Universidade de Santiago de Compostela procura facilitarlle ao estudantado universitario con discapacidade o desenvolvemento de prácticas académicas externas, promovendo así a mellora da súa empregabilidade e o seu futuro profesional.  

Para o curso 2022-2023, o programa convoca 4 bolsas coas que pretende impulsar a súa carreira profesional e favorecer o acceso a unha primeira experiencia laboral. As prácticas poderán desenvolverse en modalidade presencial ou virtual tanto en grandes empresas, como en PEMES, microempresas, entidades de Economía Social e do terceiro sector, ou noutras institucións e entidades públicas ou privadas. O período de realización será de tres meses e contarán cunha contía total de 1.800 euros. 

O programa diríxese ao estudantado con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, matriculado nun grao ou mestrado na Universidade de Santiago de Compostela e que teña superado máis do 50% dos créditos da titulación correspondente. 

O prazo para a presentación de candidaturas foi ampliado ata o 31 de decembro e pode realizarse a través da seguinte ligazón. Calquera consulta sobre a xestión do programa, pódese facer a través do enderezo electrónico orientacion.laboral.santiago [at] usc.es (orientacion[dot]laboral[dot]santiago[at]usc[dot]es) 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2023.