Pasar al contenido principal

Gabriela González describirá as particularidades e achados sobre as ondas gravitacionais

Gabriela González, voceira do experimento LIGO entre 2011 e 2017, impartirá este venres 8 a conferencia ‘Einstein, buratos negros e ondas gravitacionais’, nunha sesión a partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). A conferencia retransmitirase en streaming na dirección http://tv.usc.es/directo4.html.

A intervención de Gabriela González contará as particularidades e últimos achados arredor das ondas gravitacionais así como o futuro deste novo campo da astronomía. Einstein xa predixera hai máis de cen anos a existencia destas ondas que viaxarían á velocidade da luz e que o espazo-tempo era dinámico. A conferencia rememorará como os dous observatorios LIGO en Estados Unidos detectaron en 2015 por vez primeira un sinal que atravesaba a Terra, causado polo “abrazo final de dous buratos negros que bailaran un tango hai máis de 1.300 millóns de anos”. Dende entón detectáronse varios sinais máis, incluíndo a colisión de dúas estrelas de neutróns, o que axuda a “entender a orixe dos metais pesados”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.03.2019.