Publicadas prazas vacantes de mestrado para o segundo semestre

A listaxe publicada na web do Servizo de Xestión Académica contén titulacións con autorización por parte dos coordinadores e prazas dispoñibles para matricular materias de só segundo semestre neste curso académico 2022/23
Santiago de Compostela
O Servizo de Xestión Académica acaba de publicar a relación de prazas vacantes de mestrado que contan con autorización por parte dos coordinadores e prazas dispoñibles para matricular materias de só segundo semestre neste curso académico 2022/23. A listaxe completa pode consultarse nesta ligazón.
As solicitudes de admisión e matrícula poderán realizarse a través da secretaría virtual no prazo establecido na convocatoria de matrícula entre o 30 de xaneiro (10.00 horas) e o 6 de febreiro (23.59 horas). A asignación de prazas será por orde de matrícula, coma no período de vacantes.