Pasar al contenido principal

Veterinaria optimiza a capacitación de profesionais de Agavepor en necropsias e interpretación de lesións en porcino

O censo de gando porcino en Galicia sitúase en 1,2 millóns de animais. Foto: Pixabay
O censo de gando porcino en Galicia sitúase en 1,2 millóns de animais. Foto: Pixabay
A correcta identificación das lesións que presentan as reses mortas pode axudar a mellorar o estado sanitario e a rendibilidade das explotacións dunha cabaña gandeira que supera os 1,2 millóns de animais en Galicia, segundo Agavepor
Lugo

A Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC reúne este venres nunha xornada formativa sobre necropsias e interpretación de lesións en gando porcino preto de 20 profesionais veterinarios adheridos á Asociación Galega de Veterinarios de Porcino (Avepor), unha entidade que cifra en máis de 1,2 millóns de animais o censo de gando porcino en Galicia.

As provincias de Pontevedra e da Coruña e, en menor medida, Ourense, concentran a maior parte das granxas de porcino existentes en Galicia, sinala o veterinario de Agavepor Gonzalo López, quen defende a pertinencia deste programa formativo específico para veterinarios, dado o  impacto santiario e mesmo socieconómico que ten o labor veterinario no grao de benestar dos animais e mesmo na rendibilidade destas explotacións.

A xornada de formación específica celebrada este venres na Facultade de Veterinaria de Lugo permitiu aos asociados de Agavepor participante asistir a diversas sesións teóricas para logo, xa en quenda de tarde, participar en accións formativas de carácter práctico densenvolvidas na sala de necropsias do propio centro universitario e impartidas, entre outros, polo veterinario Roberto Bermúdez, profesor da Facultade de Veterinaria de Zaragoza.

O curso de especialización en necropsias e interpretación de lesións en gando porcino progamado por Agavepor xunto coa USC e no que tomaron parte preto de 20 dos máis de 80 profesionais veterinarios integrados en Agavepor, serviu tamén para poñer de manifesto o recente incremento da mortalidade de cerdos de destete, animais de entre 1,5 e dous meses de vida e entre 8 e 10 quilos de peso. Esta conxuntura podería estar asociada co cumplimento da normativa europea que impide o emprego en pensos de óxido de zinc, un aditivo que, segundo Gonzalo López, actuaba como protector fronte a diarreas.

Xornada Asoporcel

A Facultade de Veterinaria da USC e a Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel) celeberarán o vindeiro xoves 26 de xaneiro unha xonada técnica en Ribeira de Piquín, no marco da que diversos relatores falarán sobre as características técnicas desta raza de porcino, así como das particularidades do proceso de cría destes animais. A xornada incluirá a visita a unha granxa de porco celta.

Veterinarios participantes no curso sobre necropsias en porcino organizado con Agavepor
Veterinarios participantes no curso sobre necropsias en porcino organizado con Agavepor
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2023.