Pasar al contenido principal

A USC premia a “consolidada traxectoria” en materia de estudos de xénero da Rede Armela

Armela é unha rede de persoal investigador pertencente a diversas universidades, institucións e organizacións sociais
Armela é unha rede de persoal investigador pertencente a diversas universidades, institucións e organizacións sociais
Coordinada pola catedrática Alba Nogueira, a Rede recollerá o galardón no marco dos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional das Mulleres
Lugo, Santiago de Compostela

A Rede Armela de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social acaba de ser recoñecida coa mención honorífica que a USC outorga para distinguir traxectorias en prol da igualdade de xénero e que se entrega no marco do acto institucional co que a institución universitaria conmemora o 8M, Día Internacional das Mulleres. A Rede Armela está coordinada pola catedrática Alba Nogueira.

A Rede leva desenvolvido “unha consolidada traxectoria de investigación dentro dos estudos de xénero e actividades formativas con perspectiva de xénero, na que convén destacar o desenvolvemento de proxectos sobre políticas públicas de igualdade e a constante produción académica sobre diversos aspectos da relación de igualdade, política e dereitos sociais”, argumenta a carta de concesión do galardón.

Armela é unha rede de persoal investigador pertencente a diversas universidades, institucións e organizacións sociais que nace coa finalidade de desenvolver conxuntamente e dende unha perspectiva interdisciplinaria unha liña de investigación en relación aos dereitos, á igualdade e ao Estado social "no contexto actual de crise económica e de forte contracción da intervención pública", explican. Pola súa parte, a mención honorífica outorgada enmárcase dentro dos obxectivos xerais do III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes no que se establece que a USC debe promover a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2023.