Pasar al contenido principal

O curso de verán sobre a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable analizará os retos para un mundo máis xusto

Comezan os cursos da Universidade de Verán 2018
Comezan os cursos da Universidade de Verán 2018
O prazo de inscrición rematará o próximo 1 de xuño

A Universidade de Verán 2018 ofrece entre os días 12 e 14 de xuño un curso sobre a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable, con retos e oportunidades para un mundo máis xusto. A matrícula neste encontro, a celebrar na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 1 de xuño.
O curso, dirixido por Irene Rodríguez Manzano, analiza os antecedentes da Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable en base a tres ámbitos: o económico, o social e o medio ambiental. Tratarán a implantación de políticas para o desenvolvemento con especial referencia ao caso español. Neste curso tamén se darán a coñecer proxectos sustentables que teñen lugar tanto en España como en países en vías de desenvolvemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2018.