Pasar al contenido principal

Formación do Profesorado aborda nun curso estival a música como recurso curricular en Educación Infantil e Primaria

A Universidade de Verán 2018 ofrece entre os días 11 e 14 de xuño na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC un curso no que afondará sobre A música como recurso curricular en Educación Infantil e Primaria. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 25 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 30 persoas, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 1 de xuño.

O curso estival da USC dirixido polas profesoras da USC Ángeles de la Calle Sampredro e Mª Carmen Sarceda Gorgoso, pretende dar pé a un cambio na visión da música no ensino, ofrecendo aos futuros mestres e mestras a ocasión de experimentar e reflexionar sobre como a música pode contribuír ao desenvolvemento formativo discente dende a súa consideración como recurso ao servizo da aprendizaxe nas distintas áreas curriculares.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2018.