Pasar al contenido principal

Canles de denuncia externas e propias

A detección constitúe outro momento destacable na loita contra a fraude, sendo necesario contar con medidas que permitan corrixir a tempo os posibles comportamentos irregulares que escapen
á prevención. Entre as medidas de detección da fraude, o Plan recolle diferentes canles de denuncia á disposición da persoas pertencentes e alleas á comunidade universitaria.

Canle de denuncias da USC

A creación dunha canle de denuncias propia na USC como elemento de detección considérase esencial para dar conta da existencia dun comportamento fraudulento ou corrupto, dun posible conflito de intereses ou a constatación de dobre financiamento despois de que se teñan materializado tales riscos. Para estes efectos crearase o acceso a un formulario web que permita a presentación de denuncias por calquera persoa física ou xurídica coñecedora de presuntas irregularidades ou actuacións sospeitosas de fraude.

No acordo e iniciación dos procedementos previstos no punto 4.3 do Plan (Medidas de corrección) garantirase o anonimato e o tratamento confidencial da información subministrada polas persoas denunciantes. Deberanse concretar en todo caso os feitos denunciados e identificarse a persoa ou persoas ás que se lle impute os mesmos. Porén, no caso de que se trate de denuncias anónimas, a súa admisión inicial poderá dar lugar ao comezo dunha investigación cando os posibles feitos constitutivos de fraude, corrupción ou conflito de intereses aparezan fundados e sexa ponderada a súa gravidade.

O acceso electrónico á canle realízase a través desta ligazón: canle de denuncias.

Canles de denuncias externas

A nivel externo á USC poderase igualmente denunciar a posible existencia de feitos irregulares ou fraudulentos a través dos seguintes medios: 

  • A canle de denuncias “Info Fraude” do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) nesta ligazón
  • A páxina que ofrece a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) de informar sobre sospeitas de fraude ou corrupción que afecten aos intereses financeiros da Unión nesta ligazón
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2023.