Pasar al contenido principal

Conferencia

'A construción dun proxecto igualitario: a mobilización das mulleres en España (1868-1931)'

16.02.2023 | 18.30h

Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela

A investigadora Marta del Moral, profesora de Historia da Universidade Complutense de Madrid, imparte este relatorio que obrece panorama xeral da mobilización política das mulleres de España dende as primeiras experiencias de militancia republicana na España dos séculos XIX e XX.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

En paralelo á exposición ‘Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século’ que pode ser visitada ata o 5 de abril no Colexio de Fonseca, a  Cátedra Juana de Vega do departamento de Historia da Facultade de Xeografía e Historia da USC desenvolve varias actividades con motivo da conmemoración do 150 aniversario da morte da ilustre liberal coruñesa. Así, Marta del Moral, profesora de Historia da Universidade Complutense de Madrid impartirá no salón de actos do Consello da Cultura Galega o relatorio 'A construción dun proxecto igualitario: a mobilización das mulleres en España (1868-1931)'. Esta conferencia ofrece un panorama xeral da mobilización política das mulleres de España dende as primeiras experiencias de militancia republicana nos anos do Sexenio democrático (1868-1874) ata a  proclamación da Segunda República en 1931.  

A sesión terá lugar o 16 de febreiro, ás  18.30 horas, e pretende trazar un percorrido cronolóxico en torno ás axendas das mulleres que militaron en partidos, sindicatos e outras asociacións. O obxectivo é identificar as súas reivindicacións dende a súa incorporación a proxectos políticos preexistentes, a partir dunha achega dende o rol que a sociedade lles asignaba como mulleres, ao desenvolvemento dunhas motivacións propias en iniciativas integradas nas mesmas culturas políticas ou de forma independente.

 

Máis información sobre o evento
Máis información sobre o evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2023.