Pasar al contenido principal

A EPS de Enxeñaría imparte cursos de certificación para medir parcelas do Inventario Forestal Continuo de Galicia

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
Os programas de formación para desenvolver funcións como auxiliar de medición e xefe de equipo do IFCG son de carácter gratuíto. O primeiro curso celébrase este martes no Campus Terra e a matrícula está aberta en liña
Lugo

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC organiza cursos de certificación para a medición de parcelas do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG). Estas accións formativas, que comezan a celebrarse este martes 28 de febreiro no centro universitario lugués, son habilitantes para a medición de parcelas do IFCG e van dirixidas a persoas que posúan formación forestal previa, xa a través de titulacións universitarias ou non universitarias.

O obxectivo deste programación de formación é o de garantir a calidade e a fiabilidade das estimacións e dos resultados do Instituto Forestal Continuo de Galicia, así como doutras campañas de medición forestal para as que puideran ser requeridos os datos compilados.

Os cursos, que serán impartidos por personal dos grupos de Investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) e Unidade de Xestión Forestal e Ambiental (Uxafores) da EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC, están estruturados en dous niveis: Auxiliar de medición e Xefe de equipo.

Os módulos formativos de certificación para a medición de parcelas do Inventario Forestal Continuo de Galicia teñen unha duración de dez horas e inclúen contidos teóricos e tamén de carácter práctico. Os cursos, que se imparten en quenda de mañá e tarde, son de carácter gratuíto para as persoas interesadas, que recibirán formación sobre cuestións relativas a medición forestal, identificación de especies, caracterización silvícola ou avaliación de danos e enfermidades.

As persoas interesadas en formar parte dos equipos de medición do IFCG poden obter o certificado de habilitación que se require para tal cometido e que terá unha validez de dous anos poden inscribirse de de balde para completar esta formación a través da seguinte ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2023.