Pasar al contenido principal

Comeza en Matemáticas o VI Encontro da Mocidade Investigadora en Ciencias

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, preside este mércores 30 o Encontro da Mocidade Investigadora, o congreso anual de alumnado de doutoramento da USC que nesta ocasión corresponde á área de Ciencias.

Na apertura, ás 9.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, participarán tamén a decana do centro anfitrión, Elena Vázquez Cendón; o director da Escola de Doutoramento Internacional en Ciencia e Tecnoloxías da USC, Marco Eugenio Vázquez Sentís; e un representante do comité organizador.

Logo da inauguración terá lugar a conferencia ‘A muller na ciencia’ a cargo da profesora da área de Química Inorgánica da USC Ana María González Noya. A partir de aí desenvolveranse distintas sesións de comunicacións sobre o desenvolvemento das ciencias teóricas e a súa aplicación, territorio e medio ambiente, prevención e detección de enfermidades, propiedades e usos dos materiais, recursos piscícolas, substancias de uso farmacéutico e consumo humano, sistemas agrícolas, gandeiros e forestais e tratamento e valorización de augas residuais.

O encontro contempla ademais dúas mesas redondas, unha sobre Big Data e Machine Learning e outra sobre o acceso á produción científica na carreira investigadora. Como peche, na tarde do xoves 31 o catedrático da área de Electromagnetismo Jorge Mira pronunciará a conferencia ‘ Contribucións de Stephen Hawking á Ciencia’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.05.2018.