Pasar al contenido principal

O IV Ciclo da USC comeza este luns a súa actividade académica con 389 estudantes matriculados, un 10% máis que o curso pasado

Alumnado e docentes do IV Ciclo da USC no campus de Lugo
Alumnado e docentes do IV Ciclo da USC no campus de Lugo
As clases deste programa de formación de persoas maiores de 50 anos desenvólvense nos campus de Lugo e Santiago

O IV Ciclo Universitario da USC, un programa formativo orientado á participación de maiores de 50 anos, bota a andar este luns primeiro de outubro as clases do novo curso 2018-19, un exercicio académico para o que formalizaron a súa matrícula un total de 389 persoas, das que 166 cursarán a materia ou materias escollidas no campus de Lugo, mentres que outras 223 farano en Santiago, unhas estatísticas que reflicten un incremento da matrícula de máis do 10% respecto do pasado curso.

A USC, do mesmo xeito que en anos anteriores, mantén unha ampla oferta de materias, de temática diversa no programa de seu IV Ciclo Universitario, unha programación formativa aberta á participación de todas as persoas interesadas.

A oferta académica que presenta a USC para o novo curso do IV Ciclo en Santiago e en Lugo é diferenciada, aínda que non presenta grandes novidades respecto a exercicios anteriores. Aínda así, cómpre salientar que cada un dos cinco cursos nos que se estrutura este programa de formación de maiores ofrece seis materias de temática diferente, ao tempo que hai outras media ducia de disciplinas complementarias nas que tamén poden formalizar a matrícula as persoas interesadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2024.