Pasar al contenido principal

Fondo pesar polo pasamento de Manuel Sánchez Salorio

A institución compostelá manifestou o seu fondo pesar polo pasamento. FOTO: Santi Alvite
A institución compostelá manifestou o seu fondo pesar polo pasamento. FOTO: Santi Alvite
O que fora catedrático na Facultade de Medicina e Odontoloxía, recibiu numerosas distincións como a Medalla de Ouro de Galicia en recoñecemento á súa traxectoria no eido da Oftalmoloxía
Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento de Manuel Sánchez Salorio e súmase á dor da súa familia e amizades. Finado este xoves 16, Sánchez Salorio foi catedrático de Oftalmoloxía na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC. A súa participación na vida académica levouno a ser vicedecano deste centro e vicerreitor da Universidade compostelá.

O profesor tamén era académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e, en 2015, recibiu a Medalla de Ouro de Galicia pola súa traxectoria e por exercer unha medicina “centrada no paciente”. Fundou a Escola Galega de Oftalmoloxía e, en 1016, foi tamén recoñecido coa Medalla Castelao. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.03.2023.