Pasar al contenido principal

Oferta de contrato na categoría de investigador en formación no grupo de investigación EQUIFASE

Ofrécese un contrato de investigación na categoría de investigador en formación de 21 meses no Grupo de Procesos de Separación Sostible (EQUIFASE) da Universidade de Santiago de Compostela dentro do proxecto CITRUSVAL (convocatoria de proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital, Ministerio de Ciencia e Innovación). A data prevista de contratación é febreiro 2023.

 

Descrición do proxecto

O principal obxectivo deste proxecto é desenvolver procesos innovadores que melloren a transformación integral dos residuos de cítricos en bioprodutos de alto valor engadido (aceite esencial concentrado de alta calidade, limoneno, pectina de alta calidade e un material pretratado rico en carbohidratos listo para ser transformado). Os estudos experimentais que se levarán a cabo durante o desenvolvemento deste proxecto axudarán a seleccionar o mellor disolvente sostible e a mellor tecnoloxía para aplicar na recuperación de residuos de pel de cítricos. A análise de custe-beneficio axudará a maximizar o potencial de aplicación industrial. A metodoloxía comprenderá catro paquetes de traballo, dedicados respectivamente á desterpenación do aceite esencial por extracción con disolventes ou por destilación extractiva a baleiro coa axuda de líquidos iónicos; á extracción de pectina utilizando disolucións acuosas de ácidos orgánicos sostibles; á análise técnico-económica dos procesos deseñados e optimizados; e á difusión dos resultados.

Supervisores

Eva Rodil Rodríguez e Héctor Rodríguez Martínez

Proceso de selección

Oferta de praza número 2022/C11M14, convocatoria pública 01/2023,  prazo de presentación ata o 02/02/2023 seguiento as instruccions do seguinte enlace:  https://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-128-129&id=4917&t=9&st=0

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.03.2023.