Pasar al contenido principal

Alumnas de Ciencias da Comunicación gañan o certame universitario de curtametraxes promovido por ADOS

Alumnas de Ciencias da Comunicación gañan o certame universitario de curtametraxes promovido por ADOS
Alumnas de Ciencias da Comunicación gañan o certame universitario de curtametraxes promovido por ADOS

O traballo ‘Deixa pegada’ das estudantes de Ciencias da Comunicación da USC Amitai Gómez González, Cristal Arias González e Meritxell Álvarez Aguión resultou gañador da terceira edición do Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea promovido pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

A entrega do premio tivo lugar este martes na propia facultade nun acto presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e no que tamén participaron o secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Anxo Lorenzo Suárez; o decano, Xose Ramón Pousa Estévez; e a directora de ADOS, Marisa López García.

ADOS é o centro de referencia en Galicia para a tipaxe dos doadores de medula ósea integrados no Rexistro Español de Medula Ósea (REDMO) e, segundo datos facilitados pola Organización Nacional de Transplantes a pasada semana, Galicia ten exerimentado unha excelente evolución e contabiliza, nos primeiros sete meses do presente ano, un total de 11.093 doadores e doadoras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.09.2018.