Pasar al contenido principal

Filoloxía acolle dúas mostras de Elisa Colomer e Erika Jâmece

Cartel 'Icónica'
'Icónica' poderá visitarse no segundo andar do centro
Poderanse visitar nas instalación desta facultade dende o xoves e o venres, respectivamente

Filoloxía abre as súas portas a dúas novas iniciativas culturais coa inauguración dunhas mostras de Elisa Colomer e Erika Jâmece. No primeiro caso, co título ‘Icónica’ móstranse debuxos a grafito, con figuras marcadamente realistas que recrean estampas célebres de iconas da música e o cinema da segunda metade do século XX. Nunha segunda serie, descompón as formas mediante técnicas de collage. Esta proposta de Elisa Colomer inaugúrase este xoves 13 a partir das 11.00 horas no segundo andar do centro

Obras de capa

‘Obras de capa’ é a proposta que se poderá visitar no centro dende o venres 14 ás 12.00 horas. Esta é unha exposición con traballos da artista Erika Jâmece, artista lusodescendente escollida para o proxecto homónimo da Revista Descendências, na que se publicaron as obras agora expostas en Filoloxía.

 

Cartel de 'Obras de capa'
'Obra de capa' recolle a proposta visual de Erika Jâmece
Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.04.2023.