As pragas de insectos, a debate no Campus Terra da USC
A sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolle os vindeiros 7 e 8 de maio dous obradoiros impartidos por Ramzi Mansour, investigador da Universidade tunesina de Cartago, nos que se abordarán as pragas de insectos prestando especial atención ao seu impacto económico, así como ao caso particular das pragas que afectan ás viñas en Tunisia.
O 7 de maio, a partir das 10.00 horas, Mansour, quen se atopa realizando unha estadía de investigación no departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo no marco do Programa Erasmus+KA107, analizará pragas de insectos claves a nivel económico que afectan a plantas en todo o mundo.
Ramzi Mansour impartirá o 8 de maio, a partir das 13.00h, un segundo obradoiro no que se centrará no seu país de procedencia, ao realizar un repaso aos distintos estudos que se teñen formulado no que atinxe ás pragas que afectan ás viñas en Túnez.