Pasar al contenido principal

RefWorks Legacy deixa de funcionar o 30 de xuño de 2023

RefWorks
RefWorks
A partir do día 30 de xuño desaparece Refworks Legacy, a antiga versión de Refworks. Todas as contas que non foran trasladadas antes desa data á nova versión de Refworks deixarán de estar operativas e perderase toda a información que conteñan.

 

Se tes unha ou varias contas activas creadas en Legacy podes conservar todas as referencias, carpetas e formatos creados e trasladalos á nova versión.

O primeiro será crear unha conta no novo Refworks dende a páxina de Recursos da BUSC. É moi sinxelo, nesta guía se explica como. Dende a túa conta en Legacy, segue os pasos descritos no botón Actualizar a RefWorks para trasladar os teus documentos, formatos e carpetas.

Dende a nova conta tamén podes importar facilmente todo o que teñas na antiga conta:

. Selecciona Engadir > Importar referencias. Aparece a páxina Importar desde outro xestor de referencias

Engadir referencias
Engadir referencias
Utilizar la versión antigua de RefWorks
  • Fai clic en “Utilizar la versión antigua de Refworks” e selecciona Autorizar. Aparece a páxina de inicio de sesión de RefWorks Legacy. 
  • Insire os teus datos de inicio de sesión da conta RefWorks antiga. Comezará o proceso de actualización e cando se complete RefWorks amosará a páxina “Última importación”, que detalla o número de referencias e estilos de saída personalizados que se importaron con éxito. 

Se tes varias contas en RefWorks Legacy, realiza o proceso de actualización para cada unha das contas por separado. No novo Refworks cada antiga conta se integrará no “proxecto” que teñas aberto nese momento. Cada conta podes integrala nun proxecto distinto e mantelas independentes. Podes crear tantos proxectos como precises. 

Untitled Project

Lembra que o persoal da biblioteca do teu centro pode aclararche dúbidas e axudarche a levar a cabo este proceso. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2023.