Pasar al contenido principal

Presentación da Estratexia de Formación da Industria Forestal de Galicia 2018-2020 na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acollerá este luns 30 de xullo, ás 9.30 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, a sesión de presentación da Estratexia de Formación da Industria Forestal de Galicia 2018-2010.

O director da Axencia Galega de Industria Forestal, José Ignacio Lema Piñeiro, presentará a nova estratexia de formación da industria forestal galega para os próximos anos logo dun breve acto de benvida a cargo da vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto.

Unha vez rematada a quenda de intervencións, o catedrático e director da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade) da USC, Manuel Guaita Fernández, moderará un coloquio sobre as necesidades futuras de formación para o sector no que intervirán como relatores Constante Fontán, do departamento de organización de Finsa, e a técnico do CIS Madeira Montserrat Rodríguez Ogea. Os dous relatores abordarán, entre outras cuestións, o programa Erasmus +FUTUREfacing.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, clausurará sobre as 10.00 horas, o acto de presentación da nova estratexia de formación da industria forestal de Galicia, unha sesión á que seguirán actividades de networking.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.07.2018.