Pasar al contenido principal

Diversos cribados de saúde conmemoran o Día da Enfermaría

Cribado na Biblioteca Concepción Arenal. FOTO: Santi Alvite
Cribado na Biblioteca Concepción Arenal. FOTO: Santi Alvite
Alumnado desta facultade da USC concienciou a cidadanía que visitou os seus puntos informativos sobre hábitos de vida saudables
Santiago de Compostela

A conmemoración este venres 12 do Día da Enfermaría serviu para dar visibilidade a este colectivo sanitario a través dunha serie de cribados de saúde, abertos ao conxunto da cidadanía, que se desenvolveron en distintos puntos de Compostela.

Así, alumnado desta Facultade da USC acudiu á Biblioteca Concepción Arenal, ao Centro de Saúde Concepción Arenal e ao Hospital Clínico Universitario para ofrecer os seus servizos á cidadanía e promover hábitos de vida saudables. En quenda de tarde, os cribados continúan ata as 18.00 horas tanto na Biblioteca, como no centro de saúde. As persoas interesadas en colaborar coa iniciativa puideron medir a súa presión arterial ou coñecer o seu nivel de glicosa en sangue.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2023.