Pasar al contenido principal

O reitor da USC reuniuse co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero

O reitor da USC reuniuse co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O reitor da USC reuniuse co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
A xuntanza enmárcase na rolda de contactos institucionais do novo equipo de goberno

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, recibiu este venres no seu despacho de San Xerome ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, e ao portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xaquín Fernández Leiceaga.

Como explicou Antonio López, a xuntanza enmárcase na rolda de contactos institucionais que o novo equipo de goberno universitario ten programada para falar da situación da universidade pública “e do seu presente e futuro”.

A igualdade de oportunidades no acceso á Universidade, o reto da renovación xeracional do profesorado e persoal investigador, a ampliación da oferta de mestrados e a internacionalización do alumnado galego foron as principais cuestións tratadas na xuntanza. Como dixo o propio Caballero, a finalidade última é “potenciar unha universidade pública que poida cubrir todas as necesidades que demanda a sociedade”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.07.2018.