Pasar al contenido principal

O programa de estímulo do talento matemático Estalmat despide a súa promoción número catorce

O Proxecto ESTALMAT-España conta co aval científico da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España. FOTO: Santi Alvite
O Proxecto ESTALMAT-España conta co aval científico da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España. FOTO: Santi Alvite
O reitor Antonio López preside a entrega de diplomas no marco dun acto no que se profunda nas matemáticas de onte e de hoxe
Santiago de Compostela

O programa Estalmat- Galicia despide este sábado día 20 de maio a que xa é a súa 14ª promoción, rapazada que iniciou estudos en 2021. A xornada comeza ás 11.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas cun relatorio de María Elena Vázquez Cendón, decana do centro e presidenta de Estalmat-Galicia, titulado 'A profesión de matemáticas onte e hoxe' coa participación da promoción e as súas familias, membros do equipo docente e do comité organizador do programa. 

A entrega de diplomas bota a andar ás 12.30 horas nun acto presidido polo reitor Antonio López e no que interveñen a decana Vázquez Cendón e a coordinadora académica de Estalmat-Galicia, Sandra Díaz Mouro, encargada de formular preguntas en tempo real ao estudantado que pode responder a través dunha aplicación nos seus móbiles. No acto interveñen ademais Paula Rubio Ferreiro e Iván Gándara Buján, en representación do estudantado da promoción, e  Juan Peralta, Rubén  Portela e Isabel Buján, en representación das familias.  

O cadro de intervencións complétase coas de Raquel Seisdedos Hermo, en nome do equipo docente, e de representantes das entidades patrocinadoras, con Ana María Mejías Sacaluga, deputada de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial en representación da Deputación Provincial de Pontevedra; Blas García Piñeiro, deputado de Promoción Económica e Asistencia a Municipios na Deputación da Coruña; e Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en nome da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O Proxecto ESTALMAT-España conta co aval científico da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España. Está coordinador por integrantes da Facultade de Matemáticas da USC e docentes doutras áreas da institución, coa colaboración de matemáticas e matemáticos das universidades da Coruña e Vigo e de distintos centros de ensino secundario de Galicia. Conta cun financiamento específico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, e da Axencia Galega de Innovación.
 

Foto de familia da clausura. FOTO: Santi Alvite
Foto de familia da clausura. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2023.