Wiley oferta un curso virtual para a publicación exitosa de manuscritos
A actividade, que terá lugar o vindeiro 6 de xuño, abordará as claves do proceso de publicación e como mellorar os nosos traballos para que sexan aceptados
Lugo,
Santiago de Compostela
A editorial Wiley, dentro do programa de webinars para autores e investigadores, oferta un obradoiro virtual dedicado á publicación exitosa de manuscritos. Esta formación, para a que é necesaria inscrición previa, celebrarase o día 6 de xuño de 16 a 17 horas.
O principal obxectivo da sesión é que os investigadores consigan aumentar as posibilidades de que os seus traballos sexan aceptados para publicación. Os temas que se tratarán serán os seguintes:
- Como entregar o seu manuscrito ás revistas de Wiley.
- A importancia de publicar.
- En que consiste o proceso de publicación e que esperar en cada etapa.
- Consellos á hora de redactar o manuscrito.
Para realizar a inscrición é necesario completar este formulario.
Podes acceder a máis información sobre o acceso aberto na guía da BUSC sobre acordos transformativos.