Pasar al contenido principal

A Asemblea Xeral do Grupo Compostela analiza o papel da responsabilidade social corporativa na educación superior

O presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kręglewski, entrega a cuncha de ouro á gañadora do Premio Internacional XXII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, María...
O presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kręglewski, entrega a cuncha de ouro á gañadora do Premio Internacional XXII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, María...
A xuntanza celébrase na Universidade de Salamanca este xoves e o venres

O Grupo Compostela de Universidades reúne este xoves e o venres na súa asemblea xeral de Salamanca máis 30 institucións internacionais, entre as que se atopa a USC representada polo reitor Antonio López, para reflexionar acerca da responsabilidade social corporativa na educación superior. Un evento organizado en colaboración coa Universidade de Salamanca, que conmemora este ano o seu oitavo centenario coa celebración dunha serie de reunións institucionais. A principal novidade da asemblea xeral este ano é a ‘Compostela Connection’, unha actividade orientada a facilitar o establecemento de contactos profesionais entre os asistentes, que terán ademais a oportunidade de presentar as súas iniciativas e proxectos.

Os foros de debate ‘Diálogos Compostela en Educación Superior’ e ‘Compostela Café’ son xa unha constante nos encontros anuais do Grupo Compostela de Universidades. Na quinta edición dos Diálogos Compostela diversos especialistas ilustrarán o presente, pasado e futuro da responsabilidade social corporativa na educación superior. Pola súa banda, nas mesas redondas da cuarta edición dos Compostela Café abordaranse temas como o acceso universal á educación superior e o multilingüismo, a igualdade e a sustentabilidade na universidade.

Un ano máis a Asemblea Xeral será o escenario da cerimonia de entrega do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, que no seu vixésimo segunda edición recaeu en María Pilar Alonso Abad, doutora en Humanidades con especialización en Historia da arte e profesora do departamento homónimo na Universidade de Burgos. No seu fallo o xurado destacou a súa contribución á difusión dos valores asociados ao Camiño de Santiago como conferenciante e as súas investigacións en torno ao patrimonio cultural da ruta de peregrinaxe.

Ademais, o GCU recoñece anualmente o talento audiovisual e científico do estudantado e persoal investigador das súas universidades socias a través dos seus concursos. No VII Concurso internacional de vídeos dous estudantes da Universidade de Guadalaxara (México) obtiveron os dous galardóns. O II Concurso de pitches de investigación premiou as presentacións curtas de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (España), Universidade de Pécs (Hungría) e a Universitat Jaume I (España). Os representantes destas institucións académicas serán os encargados de recoller os premios.

Grupo Compostela de Universidades
O Grupo Compostela de Universidades (GCU) é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, que traballa en favor da colaboración e promove o diálogo en todos os ámbitos da educación superior. O GCU comezou a súa andaina no ano 1994 e dende a súa creación, foi crecendo ata unir ao seu camiño máis de 60 universidades de todo o mundo. Todos os peregrinos do Grupo Compostela de Universidades comparten os valores de cooperación e integración desenvolvidos en torno ao Camiño a Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.09.2018.