Pasar al contenido principal

A Aula de Produtos Lácteos cita 90 empresas nun foro sobre aditivos e ingredientes na industria alimentaria

Participantes nas xornadas sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria
Participantes nas xornadas sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria
A innovación alimentaria e as funcionalidades de diversos ingredientes e aditivos centraron a primeira xornada dun programa de transferencia que remata este venres cun coloquio sobre a estratexia das empresas para desenvolver novos produtos
Lugo

A terceira edición das xornadas técnicas sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria organizadas pola Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC citan representantes de preto dun centenar de empresas do sector agroalimentario na sede universitaria luguesa. O delegado do reitor da USC para Transferencia do Coñecemento, Luís Otero González, abrirá este xoves as xornadas no auditorio da Facultade de Veterinaria, no marco dunha sesión de benvida na que tamén participaron o deputado provincial delegado da área de Recursos Sostibles, Roberto Fernández; a xefa territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo, Olga Iglesias, e o concelleiro delegado da área de Xuventude e Deportes do  Concello de Lugo, Mauricio  Repetto.

O manager asociate director de Lantern, Innovation and Strategy Consultant, Alexandre López, abriu a quenda de intervencións cun relatorio no que abordou algúns dos piares creativos da innovación, desde a creación da marca ata a presentación e comunicación do produto. A esta primeira exposición seguiron outras, a cargo de diversos técnicos e especialistas que abordaron cuestións relacionadas coa textura dos produtos lácteos e veganos, as múltiples funcionalidades dalgúns ingredientes e aditivos, proteínas lácteas e estrutura dos alimentos con compoñentes funcionais ou mesmo sobre sustitutivos de orixe vexetal alternativos aos produtos lácteos.

A primeira xornada deste foro técnico, unha cita que continuará este venres e a través da que se pretende afianzar as relacións entre proveedores e industria, ofreceu ao público participante completar unha visita ás instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC.

O director da Federación Española de Alimentación e Bebidas, Eduardo Cotillas, abrirá a sesión de relatorios programada para este venres cunha exposición sobre o contexto do sector alimentario en España e Portugal. De seguido, sucederanse diversas charlas sobre as utilidades e prestacións que ofrecen distintos aditivos e ingredientes alimentarios, así como novos procesos tecnolóxicos.

Un coloquio sobre desenvolvemento e innovación de novos produtos desde a estratexia empresarial, no que participarán a CEO do Grupo Lence, Carmen Lence; o CEO de Innolact, Sergio Martínez; a responsable de Innovación de Granja Campomayor, Mª Eugenia Juncal Fernández, e os técnicos da APLTA Laura Abuín e Luis Aldeanueva, servirá de colofón destas xornadas de transferencia.

Olga Iglesias, Luís Otero, Mauricio Repetto e Roberto Fernández, na apertura do foro en Veterinaria
Olga Iglesias, Luís Otero, Mauricio Repetto e Roberto Fernández, na apertura do foro en Veterinaria
Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2023.