Pasar al contenido principal

O proxecto Landcare, liderado pola USC, impulsa crear unha rede europea para Educación e Formación en Restauración Ambiental

Participantes no workshok que está a celebra ra Sociedade para a Restauración Ecolóxica en Reikiavik
Participantes no workshok que está a celebra ra Sociedade para a Restauración Ecolóxica en Reikiavik

O proxecto Erasmus+ LandCare, unha iniciativa coordinada pola USC e no que toman parte un consorcio internacional de empresas e universidades acordou a constitución dunha rede europea para Educación e Formación en Restauración Ambiental, un novo órgano que operará no marco da Sociedade para a Restauración Ecolóxica (SER), unha entidade que constitúe a maior sociedade ambiental do mundo que centra a súa actividade nesta temática.

Os socios agromados no programa Landacare presentaron a proposta de creación dunha rede europea para Educación e Formación en Restauración Ambiental no marco do workshop específico que está a celebrar en Reikiavik a Sociedade para a Restauración Ecolóxica, un foro no que esta iniciativa acadou o apoio de todos os participantes na citada sesión de traballo, que congrega a participantes procedentes de máis de 30 países.

O presidente da Sociedade para a Restauración Ecolóxica, Jordi Cortina, foi unha das persoas que defendou a creación desta nova rede internacional nunha sesión, na que tamén participaron o coordinador do proxecto Landcare e profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra, Agustín Merino, xunto con outros integrantes deste programa europeo, tal e como o son Patricia Rodríguez-González, da Universidade de Lisboa, e Verónica Piñeiro, da USC, ademais doutros profesores de universidades de Europa, Islandia, Israel, Estados Unidos e Australia.

A posta en marcha desta rede sobre Educación e Formación en Restauración Ambiental vai favorecer, entre outras cuestións, o intercambio de material de formación e de recursos educativos dispoñibles neste ámbito, a colaboración de educadores entre diferentes países e o apoio á diseminación de actividades de formación e educación.

Daquela, a futura rede europea para Educación e Formación en Restauración Ambiental posibilitará dar continuidade, ao tempo que achegará valor engadido, ao traballo xa realizado nos últimos anos ao abeiro do programa Erasmus+Landcare, cuxos participantes elaboraron material e recursos educativos, ademais de desenvolver accións de sensibilización e participar de xeito directo en tarefas e proxectos de restauración ambiental.

O profesor Agustín Merino sinalou que outra das potencialidades que presenta a futura rede europea para a Educación e Formación Ambiental atinxe á posibilidade que terán as universidades, entidades e empresas consorciadas de concorrer e, no seu caso, participar na execución e no desenvolvemento de proxectos internacionais de alta proxección.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.09.2018.