Pasar al contenido principal

A profesora Lourdes Mirón Redondo toma posesión como decana da Facultade de Psicoloxía

A profesora Lourdes Mirón Redondo tomará oficialmente posesión do seu cargo de decana da Facultade de Psicoloxía este venres 14. O acto protocolario, que presidirá o reitor Antonio López, terá lugar ás 13:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía.

Lourdes Mirón, que sucede no cargo a Socorro Rodríguez Holguín, é profesora da Área de Psicoloxía Social do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. As súas principais liñas de investigación son a violencia intergrupal e a relación entre agresión e xénero.

Os profesores Santiago Galdo Álvarez, da Área de Psicobioloxía, e Ana López Durán, da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, completan o equipo de dirección da Facultade de Psicoloxía da USC liderado por Lourdes Mirón Redondo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.09.2018.