EUniWell, a Universidade Europea do Benestar, é unha das Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para recibir financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+. En xaneiro de 2023 a USC integrouse nesta rede da que forman parte na actualidade once institucións europeas.
- University of Birmingham (Reino Unido)
- Universität zu Köln (Alemaña)
- Università degli Studi di Firenze (Italia)
- Universität Konstanz (Alemaña)
- Linnéuniversitetet (Suecia)
- Universidad de Murcia (España)
- Nantes Université (Francia)
- Universidade de Santiago de Compostela (España)
- Semmelweis Egyetem (Hungría)
- Київський національний університет імені Тараса Шевченка (Ucraína)
- Institut national des langues et civilisations orientales (Francia)
Na actualidade, a Alianza engloba un total de 300.000 estudantes e 41.000 membros do cadro de persoal (docente e investigador, e de administración e servizos).
Actualidade
Sesión informativa sobre a convocatoria de Expresións de Interese para o EUniWell Champions Scheme
Dirixida a persoal investigador sénior interesado en asumir un rol de liderado a curto prazo
Leer másO equipo EUniWell da USC fai balance do primeiro ano de proxecto e define accións prioritarias
Representantes da USC nos distintos paquetes e grupos de traballo de EUniWell, así como no EUniWell Students’ Board, reuníronse a semana pasada en Dereito.
Leer másAberta a oitava convocatoria Seed Funding de EUniWell para proxectos innovadores e colaborativos
A presentación de propostas está aberta, ata o 16 de marzo, a toda a comunidade universitaria e os proxectos seleccionados poderán ser financiados con ata 25.000 euros
Leer más