EUniWell, a Universidade Europea para o Benestar, é unha das Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para recibir financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+. En xaneiro de 2023 a USC integrouse nesta rede da que forman parte na actualidade once institucións europeas.
- University of Birmingham (Reino Unido)
- Universität zu Köln (Alemaña)
- Università degli Studi di Firenze (Italia)
- Universität Konstanz (Alemaña)
- Linnéuniversitetet (Suecia)
- Universidad de Murcia (España)
- Nantes Université (Francia)
- Universidade de Santiago de Compostela (España)
- Semmelweis Egyetem (Hungría)
- Київський національний університет імені Тараса Шевченка (Ucraína)
- Institut national des langues et civilisations orientales (Francia)
Na actualidade, a Alianza engloba un total de 300.000 estudantes e 41.000 membros do cadro de persoal (docente e investigador, e de administración e servizos).
Actualidade
A USC, sede da primeira reunión dos Champions de EUniWell
No encontro de ‘embaixadores’ e ‘embaixadoras’ do consorcio participou a catedrática de Microbioloxía na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo Azucena Mora, champion da Alianza en representación da USC
Ler máis
EUniWell explica este mércores os detalles da novena convocatoria de Seed Funding para proxectos que promovan o benestar
A USC destacou pola coordinación e participación en proxectos na anterior edición deste programa de financiamento de EUniWell
Ler máis
A catedrática Azucena Mora, seleccionada como ‘Champion’ de EUniWell
Desenvolverá un plan de acción centrado no concepto de One Health, aproveitando as sinerxías que ofrece esta alianza a prol do benestar para levar o coñecemento máis alá da academia
Ler máis