Pasar al contenido principal

A mostra ‘Retratos con Alegoría’ de J. Méndez clausúrase cunha performance cos artistas retratados

A mostra ‘Retratos con Alegoría’ de J. Méndez clausúrase cunha performance cos artistas retratados
A mostra ‘Retratos con Alegoría’ de J. Méndez clausúrase cunha performance cos artistas retratados
Será este venres 14 ás 20.00 horas en Fonseca nun acto aberto ao público

Este venres ás 20.00 horas clausúrase en Fonseca a exposición ‘Retratos Alegóricos’ coa que o artista J. Méndez completa un proxecto inspirado na iconografía do escritor renacentista Cesare Ripa sobre as virtudes, paixóns e vicios do ser humano desde a antiga Grecia. A mostra alberga retratos alegóricos de numerosos artistas, que se comprometeron a crear para a ocasión a súa interpretación persoal dun ovo, elemento presente constantemente na obra de Méndez e que acompaña a cada retrato.

Para este proxecto contou cos artistas Adriana Pazos Otón, Beatriz Suárez Saa, David Planas, Enrique Tenreiro, Florence Normier, Isabel Pintado, Iván Prieto, Mauro Trastoy, Jorge Agra, Joseba Muruzábal, Jorge Perianes, José Perozo, Julio Sanjurjo, María Piensos Linares, Miguel Peralta, Anne Michelle Mina, Montse Rego, Nando Pereiro, Nicolás Aller, Nito da Vila, Nove Noel, Nolo Suárez, Olmo Blanco, Oscar Aldonza, Patricia Iglesias, Seara, Soledad Penalta, Tono Galán, Tucho Ábalo, Vicente Prego, Xoana Almar, Xoan Guerreiro, Xurxo Mariño e Xurxo Oro Claro.

Moitos deles e delas acudirán este venres a Fonseca para participar no acto de clausura, que Méndez denominou ‘Solemne descendemento clausural e traslación de obra polos retratados’ e no que cada un dos artistas descolgará o seu retrato para marchar con el á vez que lle entregará a Méndez a súa versión do ovo, que pasará a formar parte da súa colección.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.09.2018.