Chega esta tarde a Santiago a Volta Ciclista pola Ciencia
Investigadores de toda España percorrerán o país esta semana na Volta Ciclista pola Ciencia 2018. A primeira etapa sae hoxe de Vigo para rematar esta tarde na Universidade de Santiago, onde terá lugar un evento científico. O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer o estado da ciencia en España, indicando puntos febles e fortes e as melloras necesarias nos ministerios e organismos de investigación.
A comitiva ciclista –cinco científicos do ámbito da ecoloxía acompañados dun amplo grupo de seguidores– chegará á Facultade de Bioloxía (Campus Vida) sobre as 18.30 horas para participar na xornada científica que consiste en ciclo charlas científicas breves.
Alí, Fernando Valladares, do Museo Nacional de Ciencias Naturales CSIC, pronunciará ‘ ¡Benvidos ao Antropoceno!’; Adrián Escudero, da Área de Biodiversidade e Conservación da URJC, explicará por que necesitamos máis pensamento científico; e José María Sánchez, do Departamento de Bioloxía Vexetal da UVigo, falará ds invasións biolóxicas. A sesión rematará con ‘Coñeces os novos cambios na clasificación dos seres vivos?’, por Pablo Vargas, do Real Xardín Botánico de Madrid, e ‘ Se pagamos a ciencia, por que non gozala?, de Luis Navarro, da UVigo.
Ao remate terá lugar unha mesa redonda que xirará en torno á cuestión coa que remataron as charlas científicas.