Pasar al contenido principal

O formato podcast, unha ferramenta innovadora con infinitas posibilidades para o ensino e a aprendizaxe

Imae promocional de Petíscame videopodcast
Imae promocional de Petíscame videopodcast
A docente na Facultade de Formación do Profesorado e impulsora da experiencia ‘Petíscame. Videopodcast sobre libros e ilustración con creadores galegas’, salienta os óptimos resultados dun recurso educativo que “mellora a atención e a motivación do alumnado, permite ampliar contidos e favorece a interacción social desde as aulas”
Lugo

O formato podcast semella ten irrumpido no ensino superior con vocación de pemanencia, segundo constata a profesora da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo Rocío García Pedreira, impulsora e responsable da coordinación do proxecto ‘Petíscame. Videopodcast sobre libros e ilustración con creadoras galegas. Os resultados desta innovadora experiencia educativa na que tomaron parte como protagonistas preto de medio centenar de estudantes que aspiran a ser docentes son “óptimos” no plano educativo, salienta García Pedreira, para logo sinalar “a mellora da atención por parte do alumnado e da súa motivación, así como a ampliación e a adaptación de contidos con ritmos máis dinámicos”, como algunhas das vantaxes que ofrece este recurso.

O formato podcast é unha tendencia en auxe no relativo ao consumo de medios e de contidos nos tempos de ocio, pero constitúe tamén unha porta aberta para rachar coa estrutura ríxida da docencia tradicional e par avanzar na innovación en estratexias e procesos educativos, comenta Rocío García Pedreira, quen tamén cita a aprendizaxe ou familiarización do uso de novas tecnoloxías, a mellora da comunicación e expresión oral e mesmo o desenvolemento de capacidade de traballo en equipo ou, entre outras, de habilidades sociais como algunhas das vantaxes que reporta o podcast, en particular, e os contidos audiovisuais, nun senso máis amplo.

A ampliación das canles de comunicación, en en consecuencia, a posibilidade de acadar unha interacción social maior e máis ampla, a promoción do coñecemento libre de forma sinxela e a demanda, así como a promoción de valores e liberdades constitúen, na opinión de García Pedreira, outras das potencialidades que dispensa o formato podcast, un recurso novo e aliñado coa era dixital que tamén estimula a creatividade.

Logo de varios meses de intenso traballo, García Pedreira fai un balance netamente positivo da primeira tempada de videopodcasts ao abeiro do proxecto ‘Petíscando Libros’ e confía en poder darlle continuidade a unha iniciativa innovadora, cuxa primeira edición tivo por obxectivo a produción dun videopodcast de divulgación en galego con perspectiva de xénero sobre o mundo dos libros e da ilustración a partir de entrevistas a creadoras. Os distintos capítulos que compoñen este videopodcast foron deseñados e gravados integramente polo alumnado, que tamén participou nas labores de difusión e promoción dos 8 capítulos, que xa están accesibles en formato vídeo, na canle Petíscame Videpodcast-Youtube, e en audio, en Petíscame Videopodcast-Ivoxx.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.07.2023.