Pasar al contenido principal

Publicada a oferta de cursos de galego para non galegofalantes do CLM

As persoas interesadas no nivel inicial A1 poderán matricularse directamente. FOTO: Santi Alvite
As persoas interesadas no nivel inicial A1 poderán matricularse directamente. FOTO: Santi Alvite
Trátase dun servizo de apoio á educación universitaria pero tamén están abertos a calquera persoa interesada maior de 16 anos
Lugo, Santiago de Compostela

A USC convoca para o 1º semestre do ano académico 2023-2024 cursos de lingua galega do Centro de Linguas Modernas (CLM) nos campus Santiago e Lugo dirixidos á comunidade universitaria, especialmente ao alumnado da Universidade (SICUE, convenios da USC e similares), como servizo de apoio complementario á educación universitaria, e tamén abertos a calquera persoa interesada maior de 16 anos.

En concreto, ofértanse cursos semestrais ou intensivos para non galegofalantes, así como intensivos para PDI e PI da USC, preparatorios das probas de acreditación de nivel B2 da USC (niveis 1 e 2). A matrícula pode formalizarse a través da web do CLM.

As persoas interesadas no nivel inicial A1 poderán matricularse directamente, sen realizar un test de nivel previo. Pola contra, as persoas interesadas no nivel A2 deberán consultar os requirimentos establecidos na convocatoria. O resultado acadado no test non acredita o nivel correspondente segundo o MECRL, senón que só indica o nivel no que debe formalizarse a matrícula.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2024.