Pasar al contenido principal

O Campus Terra, á vangarda no emprego de novas tecnoloxías na formación veterinaria

Estas dotacións universitarias orientadas a favorecer a capacitación en habilidades e procesos clínicos do estudantado, facilitaron a práctica e adquisición de coñecemnetos por parte do alumnado, que puido así repetir os procedementos para acadar maior pericia e completalos de forma exitosa
Estas dotacións universitarias orientadas a favorecer a capacitación en habilidades e procesos clínicos do estudantado, facilitaron a práctica e adquisición de coñecemnetos por parte do alumnado, que puido así repetir os procedementos para acadar maior pericia e completalos de forma exitosa
A Asociación Europea de Facultades de Veterinaria de Europa (EAEVE) fixa a disposición de laboratorios de habilidades clínicas e aulas de simulación virtual, servizos xa activos na sede universitaria luguesa, como esixencias para acreditar a calidade da formación dos centros que imparten titulacións de grao en Veterinaria
Lugo

A Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC atópanse na vangarda europea no que se refire a emprego e aproveitamento de novas tecnoloxías e metodoloxías para a formación de profesionais veterinarios, tal e como se desprende do acordo aprobado na trixésima sexta asamblea xeral da Asociación Europea de Facultades de Veterinaria de Europa (EAEVE), un foro interncional celebrado en xuño na cidade alemá de Leipzig no que se aprobou que as facultades ou centros de ensinanza superior que impartan a titulación de grao en Veterinaria deberán contar con un ou varios laboratorios de Habilidades Clínicas, ademais de con aulas de simulación virtual para garantir a calidade da súa formación e superar así os procedementos de acreditación internacional.

As novas esixencias consensuadas na última aseamblea xeral da EAEVE, na que participou a vicedecana de Calidade de Facultade de Veterinaria da USC, a profesora Margarita Rico Gómez, responden á pretensión de avanzar na mellora da calidade formativa que recibe o alumnado, ademais de garantir o benestar animal, ao evitar que os diversos procesos cruentos que poden realizar os estudantes no seu proceso de aprendizaxe non se desenvolvan en ou con animais.

A decisión adoptada pola EAEVE, a entidade internacional de referencia para a acreditación da calidade da formación das titulacións de grao en Veterinaria, sitúa o centro universitario do Campus Terra como referente en España e Europa tanto no uso de novas tecnoloxías para a formación do seu alumnado como na aplicación de prácticas e procesos respectuosos co benestar animal.

O decano da Facultade de Veterinaria da USC, Gonzalo Fernández Rodríguez, sinalou neste senso que o centro universitario lugués emprega desde hai xa tres anos un laboratorio de habilidades clínicas, dotado de diversos modelos animais, que no presente curso foron empregados en máis de 800 ocasións por estudantes de terceiro, cuarto e quinto curso do grao en Veterinaria, así como dun amplo abano de material acaído para favorecer a formación práctica dos futuros profesionais.

Estas dotacións universitarias orientadas a favorecer a capacitación en habilidades e procesos clínicos do estudantado, facilitaron a práctica e adquisición de coñecemnetos por parte do alumnado, que puido así repetir os procedementos para acadar maior pericia e completalos de forma exitosa. A disposicion deste tipo de recursos e material clínico apto para usos docentes permite, segundo subliña Gonzalo Fernández, ao alumnado acadar unha mellor preparación antes de realizar procedementos en animais vivos, o que redunda nun maior benenestar animal, ademais de facer viables outras intervencións que non son posible programar nas prácticas regladas, tal e como poden ser os partos ou determinadas patoloxías cardiacas pouco frecuentes.

A recente posta en marcha dunha aula de simulación virtual no centro universitario lugués, engade o decano da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, afonda aínda máis nesta nova dimesión formativa, xa que permite ao alumnado e tamén ao persoal investigador participar de xeito virtual, pero a xeito de protagonista, das distintas actividades e intervencións que se desenvolven nas explotacións gandeiras e mesmo de procesos clínicos e intervencións cirúrxicas.

Usuarias do laboratorio de Habilidades Clínicas da Facultade de Veterinaria
Usuarias do laboratorio de Habilidades Clínicas da Facultade de Veterinaria
Dúas alumnas, no laboratorio de Habilidades Clínicas de Veterinaria
Dúas alumnas, no laboratorio de Habilidades Clínicas de Veterinaria
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.07.2023.