Pasar al contenido principal

Antonio López inaugura o curso ‘A empresa familiar’ este luns en Lugo, onde fará visitas institucionais á Deputación e ao Concello

O reitor da USC, Antonio López, inaugurará este luns, a partir das 10.30 horas, no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, o curso de verán ‘A empresa familiar’, no marco dun acto no que tamén intervirán o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro e a decana da Facultade de ADE, Begoña Barreiro.

Unha vez rematada a súa intervención na apertura deste programa incluído na Universidade de Verán da USC e que conta con financiamento da Cátedra de Empresa Familiar da institución académica compostelá, o reitor da USC aproveitará a súa estadía na capital luguesa para realizar dúas visitas institucionais á Deputación Provincial de Lugo e ao Concello de Lugo.

Antonio López, visitará as dúas institucións luguesas acompañado da vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, manterá un encontro co presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, ás 12.00 horas, para unha hora máis tarde, reunirse no consistorio de Lugo coa alcaldesa Lara Méndez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.07.2018.