Pasar al contenido principal

Os Cursos de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros inauguráronse este martes

Os Cursos de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros inauguráronse este martes
Os Cursos de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros inauguráronse este martes

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolleu este martes a inauguración oficial dos Cursos de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros que organiza Cursos Internacionais da USC e que presidiu o reitor Antonio López. Na sesión, o profesor da Universidade da Sorbona Nouvelle-Paris Pierre Civil pronunciou a conferencia ‘O hispanismo internacional: vixencia e perspectivas’.

Nesta edición dos cursos participa estudantado procedente de universidades e centros educativos e culturais de Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Corea do Sur, Taiwán, Arabia Saudí, Xapón ou Brasil. Ademais, ao longo do verán está prevista a incorporación de novos estudantes de India, Tailandia, Reino Unido, Alemaña , China ou Líbano, entre outros países.

Para todos eles, Cursos Internacionais organiza programas formativos que comprenden 20 horas semanais de clases de lingua e cultura. Estas clases compleméntanse cun amplo programa de actividades culturais: visitas guiadas á cidade e ao Patrimonio da USC, museos, obradoiros de gastronomía, excursións, baile e música. Algúns dos itinerarios que abranguen tanto no interior como na costa da comunidade galega discorren por A Coruña e Rías Altas, Parque Nacional das Illas Atlánticas, Ría de Arousa, Lugo e o Camiño de Santiago, Pontevedra e Rías Baixas ou a Ruta das Camelias.

Moitos destes estudantes elixen durante a súa estadía en Compostela aloxarse con familias da cidade, o que lles permite vivir unha experiencia integral e coñecer outros estilos de vida. Neste senso, Pilar Taboada-de-Zúñiga subliña “a importancia que O Camiño de Santiago acada ano tras ano nestes cursos xa que a temática xacobea é obxecto de estudo non só nos seminarios de cultura, senón que tamén está presente nas actividades culturais e excursión”s.

Español, Ciencias da Saúde e negocios Por outra banda, Cursos Internacionais da USC celebra este ano a terceira edición do Curso español e Ciencias da Saúde en colaboración co Máster de Saúde Pública da USC, o SERGAS e o Hospital Clínico Universitario. Os estudantes internacionais asisten a clases de español médico e a seminarios específicos sobre o sistema sanitario español e tamén realizan prácticas clínicas tuteladas no CHUS.

Este verán tamén se porá en marcha a primeira edición del Curso de español dos negocios, no que participan a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, a través do Departamento de Organización de Empresas, así como varias empresas da cidade que acollerán a un nutrido grupo de estudantes en prácticas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2018.