Pasar al contenido principal

O reitor Antonio López realiza visitas institucionais á Deputación Provincial e ao Concello de Lugo

Antonio López, entre Montserrat Valcárcel e Darío Campos, no Pazo de San Marcos de Lugo
Antonio López, entre Montserrat Valcárcel e Darío Campos, no Pazo de San Marcos de Lugo
As xuntanzas mantidas con Darío Campos e Lara Méndez serviron para fortalecer o clima de entendemento e as liñas de colaboración das dúas institucións coa USC

O reitor da USC, Antonio López, mantivo este luns encontros institucionais co presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos Conde, e coa alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, na que foi a súa primeira visita oficial ás dúas institucións luguesas desde que fora investido reitor da institución académica compostelá.

Estes encontros, aos que Antonio López, acudiu acompañado da vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, serviron para constatar o clima de bo entendemento e de máxima colaboración que mantén a USC coa Deputación e co Concello de Lugo.

As reunións permitiron asemade para intercambiar opinións e actualizar información sobre as diferentes liñas de colaboración activas, Deputación e Concello de Lugo coa USC, ademais de para explorar futuras sinerxías a desenvolver a curto e medio prazo.

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, aproveitou a primeira visita oficial de Antonio López ao Pazo de San Marcos como reitor da USC para entregar cadanseu agasallo institucional ao reitor e á vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo.

A alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, tamén recibiu este luns no consistorio lugués ao reitor da USC, no marco dunha sesión institucional durante a que Antonio López asinou no Libro de Ouro do Concello de Lugo, no que tamén expresou a súa vontade de que o bo entendemento entre a Administración local e a USC redunde en beneficios para a docencia e a investigación e, á súa vez, para todo o conxunto da cidadanía luguesa.

Inauguración do curso sobre empresa familiar na Facultade de ADE

A xornada de traballo que mantivo o reitor da USC, Antonio López, este luns en Lugo comezou a primeira da mañá na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, onde presidiu a inauguración do curso de verán ‘ A empresa familiar’, no marco dun acto no que, ademais dos preto de 20 alumnos inscritos, tamén participaron o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, e a decana da facultade, a profesora Begoña Barreiro Fernández.

Antonio López asina no Libro de Ouro do Concello de Lugo, en presencia de Lara Méndez e Montserrat Valcárcel Antonio López, entre Díez de Castro e Begoña Barreiro, na apertura do curso 'A empresa familiar', na Facultade de ADE

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.07.2018.