A nova programación da USC leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples actividades que estenden a acción cultural da institución fóra das aulas para fomentar o espírito crítico do alumnado a través de eventos de acceso libre.
As actividades de Outono Cultural están especialmente dirixidas ao alumnado da USC pero abertas ao conxunto da cidadanía. Cada unha delas ten diferentes condicións de acceso que dependen tanto da natureza do evento como do espazo no que se desenvolve. Na axenda cultural vaise publicando información sobre cada actividade.
Non perdas ollo ao noso Instagram, é a nosa rede social máis activa e onde atoparás a información cultural da USC máis completa: @cultura_usc
Tamén estamos en: @CulturaUSC e @AreadeculturaUSC
Noticias relacionadas
De Ninghures chega á Igrexa da Universidade o xoves 14
Quen desexe asistir poderá recoller as súas entradas de balde o propio día do concerto a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso á Igrexa farase a partir das 20.45 horas.
Leer más