Pasar al contenido principal

Aínda é posible inscribirse nos cursos de idiomas do CLM para o ano académico 2023-2024

Para aprobar estas actividades formativas cómpre a asistencia ao 80% das horas presenciais e a superación da avaliación continua e final. FOTO: Santi Alvite
Para aprobar estas actividades formativas cómpre a asistencia ao 80% das horas presenciais e a superación da avaliación continua e final. FOTO: Santi Alvite
Alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués no Campus Santiago; e alemán, francés e inglés, no Campus Lugo, son as linguas ofertadas
Lugo, Santiago de Compostela

As persoas que xa posúen coñecementos previos dunha lingua e queren continuar a súa aprendizaxe, no Centro de Linguas Modernas da USC, poden formalizar a súa inscrición no correspondente test de nivel. Doutra banda, as persoas que queiran inscribirse no nivel inicial dun dos idiomas ofertados para o curso 2023-2024 aínda poden facelo seguindo as directrices e prazos da páxina web do CLM.

Alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués no Campus Santiago; e alemán, francés e inglés, no Campus Lugo, son os idiomas ofertados tanto para o persoal e alumnado da USC, como para calquera persoa maior de 16 anos. A oferta abrangue cursos semestrais (40 horas presenciais + 10 horas de traballo autónomo do alumnado), anuais (80 horas presenciais + 20 horas de traballo autónomo), semiintensivos (40 horas presenciais + 60 horas de traballo autónomo) e semipresenciais (40 horas presenciais + 60 horas de traballo autónomo).

Para aprobar estas actividades formativas cómpre a asistencia ao 80% das horas presenciais e a superación da avaliación continua e final. Recoméndase que o alumnado se matricule no CLM despois de formalizar a matrícula nos estudos regrados na USC, xa que permite aplicar a tarifa reducida da USC e simplificar o proceso de introdución de datos persoais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2024.